Proxecto educativo

Sementando o futuro con amor

O noso proxecto educativo na Escola Caracol fundaméntase na educación respectuosa, recoñecendo a inmensa importancia desta etapa para o desenvolvemento integral da crianza. Cremos firmemente que o xogo é o principal motor de aprendizaxe, e por iso, as nosas actividades están deseñadas para que as crianzas exploren, experimenten e descubran o mundo a través del.

Aprendizaxe baseada no xogo

Priorizamos o xogo libre e estruturado como a principal ferramenta de aprendizaxe. A través del, as crianzas desenvolven a creatividade, a resolución de problemas, a interacción social e a comprensión do seu contorno.

Desenvolvemento emocional e social

Poñemos especial énfase na xestión e expresión das emocións e no desenvolvemento de habilidades sociais. Creamos un espazo seguro onde as crianzas poden identificar e comunicar o que senten, fomentando a súa intelixencia emocional.

Estimulación sensorial e psicomotriz

Mediante actividades e materiais diversos, estimulamos os sentidos e o desenvolvemento da motricidade grosa e fina, esenciais para o seu crecemento e exploración do mundo.

Autonomía e independencia

Animamos ás crianzas a realizar pequenas tarefas por si mesmas, a tomar decisións adecuadas á súa idade e a participar activamente na súa rutina diaria, fortalecendo a súa autoestima e confianza nas súas propias capacidades.

Alimentación saudable

Porque comer ben é un dereito
Na escola fomentamos os bos hábitos alimentarios mantendo uns horarios estables, animando a probar alimentos novos e nunca forzando, cambiando os menús cando algo non funciona e priorizando sempre os alimentos de tempada e proximidade
O 95% dos usuarios da escola son tamén usuarios do comedor, para nós é un grande prestixio que así sexa, que conleva unha grande responsabilidade.

Na Escola Caracol, o noso obxectivo é acompañar a cada crianza no seu camiño, ofrecéndolles as ferramentas e o cariño necesario para que medren felices, curiosas e preparadas para os desafíos do futuro, sempre “educando dende o corazón”.

Tes dúbidas? Pregúntanos por WhatsApp!